Kit Espazos de Datos
Es unha empresa, institución sanitaria ou nodo do ecosistema de saúde dixital? Solicita a axuda do Kit Espazos de Datos e conéctate ao noso espazo de datos sectorial desde o Centro Demostrador.
Que é e por que?
O kit de espazo de datos é unha axuda que pretende incentivar a compartición de datos en Espazos de datos, financiando as entidades participantes, os custos incorridos para lograr esta compartición. Deste xeito, impúlsase a competitividade e a actividade económica sectorial, propoñendo novos modelos de negocio.
Quen pode solicitala?
- Entidades públicas ou privadas con personalidade xurídica e actividade económica na UE.
- Administracións Públicas españolas.
- Organismos públicos de investigación, asociacións, fundacións, etc.
Que cobre?
- Identificación de oportunidades e plan de negocio baseados na compartición de datos.
- Xestión das condicións e requisitos xurídicos e regulatorios.
- Preparación dos datos e creación dos produtos de datos.
- Adaptación técnica: infraestrutura, software e conectores para integrarse no espazo de datos.
Modalidades de participación e contías orientativas
Participante
Prepara datos, asina un contrato de adhesión co espazo de datos elixido e rexístrate nel.
Contías orientativas
Provedor avanzado
Adicionalmente, publica un conxunto de datos no catálogo do espazo de datos.
Contías orientativas
Condicións clave
- Alta efectiva como participante ou provedor avanzado.
- Estar ao corrente das obrigas e respectar límites de minimis.
- Empresas con ≥ 6 meses de actividade e inscrición censal.
- Non son beneficiarios: autónomos, UTEs, sociedades civís nin comunidades de bens.
- Cada entidade beneficiaria, identificada polo seu CIF, só poderá recibir unha subvención.
Pasos para solicitar
- Busca un Espazo de Datos ao que conectarte.
- Contacta co promotor do Espazo de Datos elixido e formaliza un contrato de adhesión.
- Valora se podes ou non integrarte nun espazo de datos con ou sen axuda externa (é necesario contratar unha empresa integradora?).
- Realiza a conexión ao espazo de datos elixido.
- Executa e paga: realiza as actividades de adaptación (legal, técnica, datos) antes de solicitar a axuda e garda todas as facturas e xustificantes de gasto.
Estás interesado en solicitar o Kit?
Cubre este formulario como mostra de interese e contactarémoste o antes posible.
