Participa no espazo de datos
Comparte, consume ou desenvolve servizos baseados en datos nun contorno confiable que garante soberanía, privacidade e interoperabilidade
Quen pode participar?
- Hospitais, centros de investigación e universidades
- Administracións e entidades públicas
- Empresas, startups e centros tecnolóxicos
- Colaboracións nacionais e europeas
Tipos de participación
- Provedores de datos que achegan datos ao ecosistema.
- Provedores de servizos que ofrecen ferramentas ou capacidades.
- Consumidores de datos que usan datos segundo as condicións do provedor.
- Consumidores de servizos que utilizan servizos segundo as condicións do provedor.
Beneficios
- Integración con actores e espazos de datos europeos
- Dispoñibilidade de servizos comúns: catálogos, anonimización, análise
- Oportunidade de establecer novas colaboracións e alianzas
Compromisos
- Cumprir o marco de gobernanza e as regras de acceso e uso
- Garantir a calidade e trazabilidade dos datos
- Respectar a normativa de privacidade, seguridade e ética
- Informar de incidencias ou disputas polos canles habilitados
Proceso de adhesión
Fase de solicitude e adhesión
Infórmate
Descarga a Guía do Participante para coñecer en detalle como funciona o Espazo de Datos, os requisitos técnicos e legais, e todos os beneficios de unirte. Estamos aquí para acompañarte e apoiarte en cada paso do proceso.
Solicita a túa adhesión
Enche o formulario de mostra de interese e o noso equipo revisará a túa solicitude e contactará contigo para os seguintes pasos.
Fase de integración no espazo de datos
Integración técnica
Conecta os teus sistemas e prepara os teus datos para cumprir coas políticas de interoperabilidade, calidade e seguridade do Espazo de Datos. Estamos ao teu lado para axudarche durante todo o proceso.
Participa e medra dentro do ecosistema
Unha vez formes parte, poderás intercambiar datos, sumarte a casos de uso e colaborar con outros participantes. Seguiremos acompañándote en cada etapa.
Inicia o proceso de adhesión
Estou interesado en adherirme
Se xa estás informado e desexas facernos saber o teu interese en participar no Espazo de Datos, completa o seguinte formulario. Se tes dúbidas, contacta con onehealth@cesga.es
Cubre o formulario de mostra de interese se estás interesado en adherirteCiclo de revisións
As solicitudes avalíanse cada dúas semanas na reunión de revisión. Só se teñen en conta aquelas recibidas ata o día anterior á reunión inclusive.
maio 2026
*Os días en verde corresponden ás reunións de revisión.
