Logo image
Proxecto
Saber máisQue é un espazo de datos?Casos de UsoO Equipo
Catálogo
Tecnoloxías
Espazo de Datos (MVD)Piloto FarmaciaVAXPreguntas frecuentes
Únete
AdherirseKit Espazos de Datos
Actualidade
EventosNovas
Formación
🌐 Galego
EspañolEnglishGalego

Preguntas frecuentes

A continuación, mostramos as preguntas máis frecuentes realizadas polos usuarios que poden consultarse de maneira máis detallada no seguinte enlace:

Manual de usuario

Sobre o espazo de datos

Que é o Espazo de Datos?

É un entorno seguro onde as organizacións poden compartir, acceder e utilizar datos ou servizos mantendo sempre o control sobre eles.

Que significa “adherirse” ao espazo de datos?

Significa incorporarse ao ecosistema para: • Compartir datos • Consumir datos • Ofrecer ou usar servizos Sempre baixo regras de seguridade, privacidade e control.

Perdo a propiedade dos meus datos ao participar?

Non. Ti decides: • Que datos compartes • Con quen • En que condicións Nunca hai cesión obrigatoria de datos.

Quen pode participar?

• Hospitais e centros sanitarios • Universidades e centros de investigación • Administracións públicas • Empresas, startups e centros tecnolóxicos.

Roles e participación

Que roles existen dentro do espazo de datos?

Podes participar como: • Provedor de datos • Consumidor de datos • Provedor de servizos • Consumidor de servizos Unha mesma entidade pode ter varios roles á vez.

Cal é o rol máis habitual para comezar?

O máis común é Provedor de datos, compartindo un dataset para validación ou uso por outros participantes.

Proceso de adhesión

Como me adhiero ao espazo de datos?

O proceso ten dúas fases: • Solicitude administrativa: completar formulario de interese e validación por CESGA. • Integración técnica: despregar o conector e publicar datos ou servizos.

Canto tarda o proceso?

Avaliación da solicitude: ata 2 semanas. Integración técnica: depende do usuario (horas ou días).

Necesito asinar algún acordo?

Si, nalgúns casos formalízase un contrato de adhesión antes da integración técnica.

Parte técnica (conectores e datos)

Que é un conector?

É unha ferramenta que permite conectar os teus sistemas co espazo de datos. Importante: • Non almacena datos • Só xestiona acceso e intercambio.

Necesito infraestrutura propia?

Si. Necesitas: • Servidor (local ou cloud) • Recursos mínimos (RAM, CPU) • Conexión a internet.

Onde se almacenan os meus datos?

Na túa propia infraestrutura ou en servizos externos (por exemplo, nube). O conector só apunta a eles mediante unha URL.

Que é un asset?

É un paquete de datos ou servizo que compartes no espazo de datos. Inclúe: • Datos • Metadatos • Licenza • Documentación.

Seguridade e gobernanza

Como se controla o acceso aos datos?

Mediante: • Contratos de uso • Políticas definidas polo provedor Ti decides quen accede e como.

Que normativas debo cumprir?

• Protección de datos (RGPD) • Seguridade • Ética e gobernanza do espazo.

Hai supervisión ou auditoría?

Si. O sistema pode incluír: • Verificación de calidade • Auditorías • Supervisión de cumprimento.

Uso e funcionamento

Como accedo a datos doutros participantes?

A través do catálogo do espazo de datos, onde podes: • Buscar datasets • Solicitar acceso • Aceptar condicións.

Que beneficios obteño ao participar?

• Acceso a datos e servizos • Colaboración con outras entidades • Visibilidade dos teus datos • Integración con ecosistemas europeos.

Problemas comúns

Non vexo datos no catálogo, que pasa?

Pode deberse a: • Problemas de conexión • Configuración incorrecta do conector.

Que ocorre se o meu dataset non cumpre requisitos?

Non será validado. Debe cumprir: • Calidade • Documentación • Coherencia co declarado.

Podo modificar ou retirar os meus datos?

Si. Mantés o control total en todo momento.

Recomendacións para comezar

Como comezo se son principiante?

• Define un caso de uso sinxelo • Prepara un dataset pequeno • Despregua o conector • Publica un primeiro asset • Valida con CESGA.

Que se debe evitar?

• Non documentar os datos • Usar URLs inaccesibles • Reconfigurar o conector sen control • Non definir condicións de uso.

Únete ao proxecto

Para máis información ou para participar no proxecto, envíanos un correo a onehealth@cesga.es

Financiado por la Unión EuropeaMinisterio para la Transformación Digital y de la Función PúblicaPlan de Recuperación, Transformación y ResilienciaCESGA
Xacobeo

Proxecto financiado polo Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública a través do proxecto «TSI-100120-2024-12» con cargo aos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e «Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU»

One Health
© 2026 OneHealth Dataspace